O centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, integrado...
Ler mais >>>Un espazo para a elaboración de conservas vexetais de horta e froita, cogomelos, zumes, marmeladas, mel, etc.
As pequenas explotacións e particulares da provincia poden procesar aquí as súas colleitas, xa sexa para autoconsumo ou para dárlle saída aos excedentes. Desta maneira contribúese a complementar as economías familiares e a xerar oportunidades de desenvolvemento no territorio.
A Fusquenlla é unha iniciativa dos concellos de Cedeira, Cerdido, Moeche, Narón, As Pontes, San Sadurniño e Valdoviño con axuda do Programa Leader-Seitura 22, da Deputación da Coruña e da Consellaría do Medio Rural.
As instalacións d’A Fusquenlla están completamente equipadas para atender a produción autoxestionada de distintos tipos de conservas e elaborados vexetais e de mel, cumprindo sempre coa normativa sobre seguridade, sanidade, etiquetaxe e trazabilidade alimentaria. Todo deseñado para facilitar o traballo e telo todo á man cando fai falla.
O centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, integrado...
Ler mais >>>Os 11 espazos que integran a Rede Provincial de traballo...
Ler mais >>>O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que pretende...
Ler mais >>>Centro de Apoio ao Desenvolvemento Rural “A Fusquenlla” – Recinto Feiral de San Ramón S/N 15563 San Xoán, Moeche (A Coruña) – t. 981 404 006 – contacto@afusquenlla.gal
Sitio implementado por GNOMIO