A Fusquenlla saca unha nova promoción de persoas acreditadas para producir nas súas instalacións
A nave do mercado de Moeche acolleu no serán de onte o acto de entrega de diplomas dos dous cursos rematados recentemente no marco do proxecto A Fusquenlla. Neles participaron un total de 36 persoas, procedentes dos sete municipios integrados na iniciativa -Cedeira, Cerdido, Moeche, As Pontes, Narón, San Sadurniño e Valdoviño-, así como doutras zonas da provincia. A […]
A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración e instalación de novos equipamentos no centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla. O investimento previsto aproxímase aos 168.000 euros e dirixirase, principalmente, a mellorar a capacidade produtiva da zona de horta e […]
A Fusquenlla participou en Santiago no sexto encontro de coordinación da Rede provincial de espazos de traballo compartido
O espazo Coworking Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acolleu ao longo desta mañá a sexta reunión de coordinación da Rede Provincial de espazos de traballo colaborativo promovidos pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan de Emprego Local (PEL). Unha iniciativa da que xa xurdiron once instalacións de coworking con 73 […]
A Fusquenlla inicia o cuarto curso de capacitación de persoas usuarias do centro de transformación
O Centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, integrado na rede de espazos coworking da Deputación da Coruña, iniciou o pasado venres unha nova acción formativa para capacitar ás produtoras e produtores da comarca tanto no manexo do equipamento como nas técnicas de transformación e envasado alimentario. Trátase do cuarto curso deste tipo que se […]
Cedeira, Narón e As Pontes comprométense coa Fusquenlla
Representantes dos gobernos locais de Cedeira, Narón e As Pontes asinaron esta tarde en Moeche o seu compromiso de adhesión ao proxecto, xa en marcha, do Centro de Transformación e apoio ao medio rural A Fusquenlla. O rexedor cedeirés, Pablo Moreda, a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a responsable de Promoción económica das Pontes, […]
A Fusquenlla iniciará a mediados de marzo un novo curso para produtoras e produtores que queiran utilizar as súas instalacións
O Centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, integrado na rede de espazos coworking da Deputación da Coruña, está preparando unha nova acción formativa para capacitar ás produtoras e produtores da comarca tanto no manexo do equipamento como nas técnicas de transformación e envasado alimentario. Será o cuarto curso deste tipo que se ofreza […]
A experiencia da Fusquenlla dáse a coñecer no Encontro de Obradoiros compartidos celebrado en Vilarmaior
O albergue de ecoturismo Alvarella, situado en Vilarmaior, acolleu durante o venres e o sábado o encontro profesional organizado polo Sindicato Labrego Galego para mostrar distintas experiencias de traballo compartido coas que fomentar a reactivación produtiva do rural. O programa abordou cuestións tan diversas como a importancia socioeconómica dos obradoiros que se están poñendo en […]
A rapazada do CPI prepara riquísimos petiscos con produtos da Fusquenlla
O alumnado de 4º da ESO do CPI de San Sadurniño pasou esta mañá entre fogóns -en sentido figurado- participando nun obradoiro de cociña conducido polo chef Alejandro Iglesias, do restaurante-tapería Dúas liñas de Arzúa. A idea xurdiu dunha proposta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, quen está desenvolvendo coa rapazada e a mocidade o […]