Medio cento de persoas pasan a fase de actualización técnica para utilizar o novo equipamento do centro

A Fusquenlla acolleu recentemente as xornadas de formación práctica organizadas co obxectivo de coñecer o manexo do novo equipamento instalado no centro de transformación agroalimentaria. As sesións, dunha duración aproximada de cinco horas, centráronse principalmente na utilización da máquina autoclave, auténtico corazón da cociña co que agora se poderán esterilizar remesas maiores de conservas e […]
As persoas usuarias deberán actualizarse para utilizar a nova maquinaria do centro A Fusquenlla

O centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, integrado na Rede Coworking PEL da Deputación, acaba de aumentar o seu equipamento gracias a un investimento superior aos 165.000 euros, sufragados con achegas da propia Deputación da Coruña e con fondos do programa europeo Leader xestionado polo GDR comarcal Seitura 22. Neste sentido, ás distintas […]
O centro de transformación A Fusquenlla ofrece unha xornada de portas abertas co gallo do Rede Coworking Fest

Os 11 espazos que integran a Rede Provincial de traballo compartido da Deputación da Coruña acollen até o domingo o denominado Rede Coworking Fest, dentro do que se programaron varios eventos e actividades para dar a coñecer as instalacións e servizos de cada un dos centros, pero tamén para continuar promovendo o emprendemento como opción […]
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza coñece a experiencia da Fusquenlla

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que pretende impulsar unha transición cara á sostenibilidade ambiental e aumentar a resiliencia na xestión dos montes da comarca do Barbanza. Trátase dunha iniciativa na que están implicadas distintas entidades públicas e privadas que, ademais, conta con financiamento Next Generation canalizado a través da Fundación Biodiversidad do […]
Os produtos da Fusquenlla estréanse nos cartuchos de Nadal do Concello de San Sadurniño

O Concello de San Sadurniño promociona ao longo do ano a produción alimentaria local organizando charlas, cursos, visitas á horta de froiteiras e outras accións coas que se quere manter viva a mensaxe de que o rural é un medio cheo de posibilidades para vivir do que dá a terra. E non só iso, senón […]
Deputación e Plan Leader financiarán cerca de 168.000 euros en equipamento para A Fusquenlla

O alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá o acordo de colaboración económica para o financiamento do novo equipamento que se vai instalar no centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla, situado en Moeche. O investimento total está cuantificado en 167.963,10€, que se […]
A Fusquenlla completa un novo curso para acompañantes de produción

O centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla, integrado na rede de espazos coworking da Deputación da Coruña, prosegue coa súa oferta formativa orientada á capacitación de persoas que queiran sumarse ao proxecto. Até o momento xa se ofreceron tres cursos de 60 horas cun total de 50 persoas participantes. Estiveron centrados principalmente no manexo da maquinaria e […]
17 persoas participan nun novo curso do centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla

A aula CeMIT de San Sadurniño acolle durante estes días un novo curso sobre o manexo das instalacións do centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, situado no recinto feiral de San Ramón, en Moeche. Trátase dunha acción formativa organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Ferrol na que participan 17 persoas interesadas nun proxecto promovido […]
Concellos, Deputación e Medio Rural entregan os diplomas dos dous primeiros cursos da Fusquenlla

A Nave do Mercado de Moeche acolleu esta mañá o acto oficial de clausura dos dous cursos impartidos até o momento no Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla, nos que participaron un total de 33 persoas co obxectivo de formárense na preparación de conservas e zumes, ademais de aprenderen o manexo do equipamento dispoñible nas […]
A primeira promoción da Fusquenlla empeza a elaborar produto local
O centro de traballo colaborativo A Fusquenlla, promovido por Moeche, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño, acolle estes días o primeiro curso de transformación agroalimentaria que se desenvolve nas súas instalacións, co obxectivo de formar ás que serán tamén as primeiras persoas usuarias de todo o equipamento dispoñible para elaborar horta, froita e mel. Nel participan […]