As persoas usuarias da Fusquenlla dan o primeiro paso para constituír a súa propia asociación

Unha vintena de persoas usuarias do Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla participaron este mércores na Casa da Xuventude de San Sadurniño nun encontro convocado polo grupo de traballo do proxecto coa finalidade de iniciar o proceso de constitución da futura Asociación de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla. Un colectivo de base social que nace coa […]
Tres empresas da Fusquenlla, entre as primeiras en sumarse á nova marca de calidade KB0 Ortegal

A nova marca de calidade KB0 Ortegal estreouse hai uns días en Ortigueira coa entrega das acreditacións ás primeiras empresas que se unen a este distintivo impulsado pola Deputación da Coruña para identificar e poñer en valor os produtos agroalimentarios e do mar do Xeoparque Cabo Ortegal. Entre as pioneiras hai tres firmas directamente vinculadas […]
A Fusquenlla acredita outras 48 persoas máis para o uso do centro de transformación agroalimentaria

O proxecto A Fusquenlla entregou este luns as acreditacións ás 48 persoas que superaron os dous cursos de capacitación organizados nos últimos meses para aprender a utilizar o centro de transformación agroalimentaria situado no recinto feiral de Moeche. A formación estivo centrada tanto nos procesos de elaboración de zumes e conservas vexetais con todas as […]
A Fusquenlla, protagonista do apartado agroalimentario da XXIX Feira da Plantación de San Sadurniño

Os sendeiros da finca da Cortiña e do paseo fluvial do Xubia, en San Sadurniño, volverán acoller este domingo a Feira da Plantación. Van xa 29 edicións dun evento nacido con idea de reivindicar o saber facer dos viveiros de planta ornamental da zona, pero que xa desde os seus inicios tamén serviu para poñer […]
Cedeira acollerá o día 8 a presentación de KB0 Ortegal, o novo selo de calidade para os produtos do Xeoparque Cabo Ortegal

A vila de Cedeira acollerá o mércores 8 de abril, ás 19:00 horas, unha nova xornada de presentación e información arredor de KB0 Ortegal, a marca impulsada para distinguir os produtos do mar e da terra no ambito do xeoparque da UNESCO. Esta iniciativa, que vai moito na liña do traballo que se desenvolve na […]
O novo programa LEADER: unha oportunidade para dar un paso máis cos teus produtos

As novas axudas LEADER para 2026, convocadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do PEPAC 2023-2027, xa están abertas e poden converterse nun impulso decisivo para as persoas usuarias da Fusquenlla que queiran transformar e comercializar elaboracións de froita e horta. A liña produtiva —á que poden acceder persoas físicas e pequenas empresas— […]
A Fusquenlla inicia un novo curso de capacitación para vinte produtores e produtoras da comarca

O Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla, situado no recinto feiral de San Ramón en Moeche, arranca unha nova acción formativa dirixida a capacitar unha nova remesa de futuras usuarias e usuarios. Un total de 20 persoas de diversos puntos da comarca participan desde este venres nun curso de oito módulos e 39 horas de […]
A Fusquenlla fai balance de 2025 e prepárase para o ano que entra

A Fusquenlla vén de pechar o calendario anual de actividades celebrando na Casa da Cultura de San Sadurniño unha nova sesión formativa de actualización sobre seguridade alimentaria, que foi seguida dun encontro do grupo de persoas usuarias para facer balance de 2025 e comezar a deseñar o 2026. O centro de transformación alimentaria pecha este […]
Os municipios comprometidos coa agroecoloxía debateron en Orduña sobre a produción de alimentos de proximidade

O noso proxecto participou entre o 13 e o 15 de novembro no Encontro Anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía, celebrado no municipio biscaíño de Orduña. A cita reuniu durante tres días a representantes políticos, persoal técnico municipal, produtoras e organizacións sociais de todo o Estado para abordar políticas alimentarias locais, o impulso da […]
A Fusquenlla, final dunha das rutas turísticas programadas polo xeoparque para este domingo

O Xeoparque do Cabo Ortegal está desenvolvendo nas últimas semanas un intenso programa de actividades para dar a coñecer o territorio desde o punto de vista xeolóxico, pero tamén desde a óptica da natureza, o patrimonio, a cultura e o potencial produtivo que ten o rural da nosa zona. Unha destas experiencias é a ruta […]