Os produtos da Fusquenlla tamén triunfaron no Galicia Fórum Gastronómico

O Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla leva dúas semanas de intensa actividade. Hai uns días clausurou o curso de actualización para o manexo da nova maquinaria térmica, tamén iniciou unha nova acción formativa para preparar novas usuarias e usuarios principais e, ademais, mostrou en Quiroga a súa experiencia, dentro do foro de innovación Conecta […]
As usuarias e usuarios da Fusquenlla avanzan cara a un modelo de proxecto autoxestionado

A Fusquenlla celebrou este sábado na Casa da Cultura de San Sadurniño o denominado Encontro de usuarios e usuarias 2025, ao que estaban convocadas todas aquelas persoas que son usuarias principais do centro de transformación. A xuntanza tivo como finalidade seguir estreitando os vínculos entre as persoas que usan habitualmente as instalacións, pero tamén definir […]
Outras 28 persoas formaranse a partir da semana que vén como usuarias principais da Fusquenlla

O Centro de Transformación A Fusquenlla promove un novo curso especializado para capacitar ás futuras usuarias e usuarios na manipulación e conservación de alimentos. A formación, que contará cun total de 28 participantes, estrutúrase en tres módulos teórico-prácticos de 15 horas de duración total que abranguen dende a hixiene alimentaria ata o uso de equipos […]
Medio cento de persoas pasan a fase de actualización técnica para utilizar o novo equipamento do centro

A Fusquenlla acolleu recentemente as xornadas de formación práctica organizadas co obxectivo de coñecer o manexo do novo equipamento instalado no centro de transformación agroalimentaria. As sesións, dunha duración aproximada de cinco horas, centráronse principalmente na utilización da máquina autoclave, auténtico corazón da cociña co que agora se poderán esterilizar remesas maiores de conservas e […]
As persoas usuarias deberán actualizarse para utilizar a nova maquinaria do centro A Fusquenlla

O centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla, integrado na Rede Coworking PEL da Deputación, acaba de aumentar o seu equipamento gracias a un investimento superior aos 165.000 euros, sufragados con achegas da propia Deputación da Coruña e con fondos do programa europeo Leader xestionado polo GDR comarcal Seitura 22. Neste sentido, ás distintas […]
O centro de transformación A Fusquenlla ofrece unha xornada de portas abertas co gallo do Rede Coworking Fest

Os 11 espazos que integran a Rede Provincial de traballo compartido da Deputación da Coruña acollen até o domingo o denominado Rede Coworking Fest, dentro do que se programaron varios eventos e actividades para dar a coñecer as instalacións e servizos de cada un dos centros, pero tamén para continuar promovendo o emprendemento como opción […]
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza coñece a experiencia da Fusquenlla

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que pretende impulsar unha transición cara á sostenibilidade ambiental e aumentar a resiliencia na xestión dos montes da comarca do Barbanza. Trátase dunha iniciativa na que están implicadas distintas entidades públicas e privadas que, ademais, conta con financiamento Next Generation canalizado a través da Fundación Biodiversidad do […]
A Fusquenlla saca unha nova promoción de persoas acreditadas para producir nas súas instalacións

A nave do mercado de Moeche acolleu no serán de onte o acto de entrega de diplomas dos dous cursos rematados recentemente no marco do proxecto A Fusquenlla. Neles participaron un total de 36 persoas, procedentes dos sete municipios integrados na iniciativa -Cedeira, Cerdido, Moeche, As Pontes, Narón, San Sadurniño e Valdoviño-, así como doutras zonas da provincia. A […]
A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración e instalación de novos equipamentos no centro de transformación agroalimentaria A Fusquenlla. O investimento previsto aproxímase aos 168.000 euros e dirixirase, principalmente, a mellorar a capacidade produtiva da zona de horta e […]
A Fusquenlla participou en Santiago no sexto encontro de coordinación da Rede provincial de espazos de traballo compartido

O espazo Coworking Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela acolleu ao longo desta mañá a sexta reunión de coordinación da Rede Provincial de espazos de traballo colaborativo promovidos pola Deputación da Coruña ao abeiro do Plan de Emprego Local (PEL). Unha iniciativa da que xa xurdiron once instalacións de coworking con 73 […]