A Fusquenlla ofrece ao longo do ano cursos de capacitación técnica obrigatoria para aquelas persoas que queiran utilizar o centro, que non se limita unicamente á veciñanza dos catro concellos promotores e dos que acaban de sumarse ao proxecto, senón que está aberto a calquera persoa interesada.
Trátase de cursos de 28 horas de duración con contidos teóricos e prácticos que abordan principalmente a hixiene e manipulación de alimentos e as técnicas de conservación, ademais do manexo con seguridade de todo o equipamento co que contan as instalacións.
Até o momento lévanse impartido tres accións formativas -ás que asistiron máis de 70 persoas- co seguinte temario:
Podes deixar os teus datos no seguinte formulario en liña. Tan pronto como se vaian convocando os cursos iráselles dándo entrada ás solicitudes recibidas.
Centro de Apoio ao Desenvolvemento Rural “A Fusquenlla” – Recinto Feiral de San Ramón S/N 15563 San Xoán, Moeche (A Coruña) – t. 981 404 006 – contacto@afusquenlla.gal
Sitio implementado por GNOMIO