Traballo en rede

Aprender, compartir, impulsar...

Traballo en rede

A Fusquenlla quere ser tamén un espazo para a formación. Con apoio técnico da Deputación da Coruña, da Consellaría do Medio Rural e doutras entidades especializadas preténdese ofrecer unha programación estable de cursos arredor da transformación de produtos do agro, cunha visión innovadora e centrada na calidade.

A Fusquenlla nace para facilitar a colaboración entre as pequenas produtoras e produtores, compartindo ideas, técnicas e proxectos que melloren o posicionamento no mercado das súas elaboracións.

Para poder producir no centro é necesario superar un curso de formación que capacita en cuestións como a hixiene, a trazabilidade alimentaria, a seguridade e o manexo do equipamento. Por outra banda, o uso das instalacións está suxeito a prezos públicos recollidos nesta ordenanza.

A Fusquenlla forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo promovida pola Deputación da Coruña co ánimo de favorecer a posta en marcha de novas iniciativas que potencien o aproveitamento dos nosos recursos e a creación de emprego sostible. 

Centros da rede (pica en cada un para visitalos):

Para obter máis información sobre a rede e o proxecto que comparte, podes acceder á web redecoworking.pel.gal, onde tamén verás como utilizar o pase Coworking Visa para acceder de balde durante un número determinado de días (habitualmente 3) tanto aos espazos da rede provincial como aos doutros puntos do Estado e do mundo. 

Ademais, as iniciativas que se poñan en marcha no noso centro tamén poderán gozar das ferramentas publicadas en liña pola Rede Coworking, algunhas delas dispoñibles sen rexistro previo, como é o caso do Campus virtual.

Centro de Apoio ao Desenvolvemento Rural  “A Fusquenlla” – Recinto Feiral de San Ramón S/N 15563 San Xoán, Moeche (A Coruña) – t. 981 404 006 – contacto@afusquenlla.gal

Sitio implementado por GNOMIO